O próximo día 28 existe outra concentración (a segunda) fronte o Consello Escolar de Galicia (Rúa de San Roque, Santiago de Compostela) as 16:30, o mesmo tempo que nas dúas facultades galegas as 12:00 do mesmo día.
Cantos mas asistan mellor, para apoiar as iniciativas e suplir os que non podemos ir.
Se non protestamos non se nos escoita, e se non se nos escoita non nos poden facer caso.
Se non empurramos pasará a educación física de ser media “María” a ser “María e media”. E importante para os futuros profesionais, para os actuais, pero sobre todo para os nosos rapaces que cada vez son mais sedentarios e cada vez teñen menos cultura do deporte.
Fai anos todos querían ser deportistas (futbolistas case todos) hoxe a maioría para o seu futuro so queren seguir saíndo os sábados e os xoves (que non se me enfaden os novos).
viernes, 25 de abril de 2008
Movilizacion polo Deporte na educación
jueves, 24 de abril de 2008
Duas Novas
Sae publicado no Bop da provincia da Coruña a subvención para a contratación de socorristas e brigadas de limpezas de praias.
A outra e que na paxina Deporte Galego saen unhas xornadas para maña venres sobre o impacto da futura lei das profesións do deporte en Galicia. Colabora o Colef, o cal para min o fan mais interesantes.
Como sempre, para min ten unha pega. Faise unha sola xornada e para mais un venres. Moitos non podemos ir os ser un dos días de mais traballo polas tardes. Seria interesante intentar que se fixera unha segunda xornada calquera outro día da semana pero en horario de maña.
Intentaremos pedirllo a Fundación, pero supoño que será difícil.
martes, 22 de abril de 2008
Curso e Prazas
Este fin de semana rematou o curso da EGAP de Pontevedra sobre “A xestión deportiva no ámbito municipal”. Sigo opinando o mesmo que a semana pasada. Creo que foi un bo curso pero escaso. Os poñentes intentaron aproximar un conxunto de ideas importantes que moitas veces deixamos pasar os técnicos municipais.
Os poñentes conseguiron facernos pensar e darnos algunhas ideas diferentes das que usamos normalmente no noso traballo.
Esperemos que o de Coruña salga ben e que se aproveiten as prazas, xa que en Pontevedra perdéronse unhas 5, de xente que nin se presentou o curso.
Por outra banda sae publicada hoxe no boletín oficial de Pontevedra a relación de postos de traballo para o instituto municipal de deportes e saen algunhas vacantes. Estaremos atentos a publicación das bases.
Estes días están sendo complicados para traballar no blog. Maña espero poder dar mais informacións.
