Este fin de semana rematou o curso da EGAP de Pontevedra sobre “A xestión deportiva no ámbito municipal”. Sigo opinando o mesmo que a semana pasada. Creo que foi un bo curso pero escaso. Os poñentes intentaron aproximar un conxunto de ideas importantes que moitas veces deixamos pasar os técnicos municipais.
Os poñentes conseguiron facernos pensar e darnos algunhas ideas diferentes das que usamos normalmente no noso traballo.
Esperemos que o de Coruña salga ben e que se aproveiten as prazas, xa que en Pontevedra perdéronse unhas 5, de xente que nin se presentou o curso.
Por outra banda sae publicada hoxe no boletín oficial de Pontevedra a relación de postos de traballo para o instituto municipal de deportes e saen algunhas vacantes. Estaremos atentos a publicación das bases.
Estes días están sendo complicados para traballar no blog. Maña espero poder dar mais informacións.
martes, 22 de abril de 2008
Curso e Prazas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A verdade é que é unha pena que haxa prazas desertas neses cursos. Hai moitas persoas interesadas na xestión deportiva municipal que non poden acceder a eles por non estar nun concello.
Cal é a proporción técnicos/políticos? Cantas prazas hai por Concello? Chega a información dos cursos a todos os técnicos? Esta formación é interesante para todos pero penso que debería ser prioritaria para os técnicos.
Como ben dis, deberían ser para técnicos pero non e así.
Este en concreto eran 20 prazas, unicamente se publicitou na pax da EGAP, e tiñan preferencia, primeiro politicos electos, despois funcionarios (casi non existen), despois laborales fixos (que tampouco temos) e por ultimo os tecnicos laborias temporais.
Por sorte, dos que asistimos unicamente era un politico e un funcionario, o resto eramos curritos reais dos concellos.
Espero dende este blog avisar de estes cursos para que a xente os vexa e teña posibilidade de entrar neles. Tamen intentarei falar ca diputacion de Orense que ten unhas xornadas de este tipo, para que as axuste un pouco mais as necesidades reais. As que fumos, eran boas pero falaban concelleiros de Cordoba, Gijon, etc que non e extrapolable os nosos concellos.
Un saudo
Publicar un comentario