jueves, 4 de septiembre de 2008

NOVA XUNTANZA DE TECNICOS


A semana que ven xuntaranse os técnicos deportivos das zonas de Monforte, Chantada, Sarria e as comarcas cercanas.
Esta previsto que a finais da semana que ven se reúnan en lugar aínda por determinar.
Todos os interesados que vivan nestas zonas ou que traballen nestas zonas, poderanse achegar a escoitar e opinar.
A primeiros da semana que ven indicarei onde e a reunión e a que horas.
Temos que seguir xuntándonos, facendo grupo, dando ideas, o deporte ten que medrar moito mais e a un ritmo moito mas rápido do que o fai.
Os que temos que facer que avance somos nos, non podemos esperar que no lo fagan os “entes”.

Todos a empurrar xuntos.
O que non apuxe despois que non proteste.
Non creedes??

lunes, 1 de septiembre de 2008

HOLA A TODOS, COMENZAMOS DE NOVO


Hola amigos, comenzamos unha tempada mais.

Despois dunhas vacacions que todos merecemos, especialmente os técnicos, comenzamos un novo curso escolar.

Espero que todos retornedes con gañas de traballar e despois de disfrutar de verdade o descanso.

Estes ultimos días ollei os boletins, pero non saiu nada novo, en canto apareza algo colgareino para os que esten interesados.


Novo ano, nova tempada, novas actividades, novos problemas, mesmos soldos, mesmos políticos, etc.


Penso que pode ser un bo ano.


Saudos e animo.