jueves, 19 de junio de 2008

GRACIÑAS



Hola a todos.
Esta entrada unicamente e para dar as gracias a tódolos visitantes deste blog.
Dende que empecei no mes de abril xa pasamos dos mil, e nas ultimas semanas cun numero de visitantes moi estables pasando tódalas semanas dos 50 lectores.
Para alguén que fai esto como unha diversión e sen intención de ser bo neste traballo, e cun gran respecto por todos os que visitades esta paxina paréceme un luxo poder chegar a tantos técnicos deportivos.
Espero cada vez ser mais activo, colgar mais comentarios e incidir en temas cada vez mas achegados a tódolos profesionais do mundo do deporte.
Por certo comeza o verán, nalgúns concellos e o momento de relax, pero neutros (a maioría da costa) comeza o traballo mais duro do ano.
Para os primeiros, que disfruten as vacacións e para os segundos que o leven con calma.

martes, 17 de junio de 2008

TRABALLO EN OURENSE


Novas prazas no Concello de Ourense.
No boletín do 13 de Xuño de 2008, saen prazas para monitores deportivos de carácter temporal para diferentes escolas.
Supoño que na forma en que as plantexan non serán gran cousa, pero en Ourense están intentando cambiar a estructura deportiva dentro do concello, e o mellor e unha boa maneira de entrar e pouco a pouco ir collendo nome e quedar como empregado do concello.
Un dos actuais responsables e unha persoa que ven de intervención non do mundo do deporte, pero esta intentando cambiar as cousas dentro e ir mellorándoas pouco a pouco.