Estamos actualmente con dúas subvencións.
Por un lado temos unha da consellería de cultura e deportes (DOG nª 103 do 29 de maio) para o desenvolvemento de actividades deportivas en concellos de menos de 10.000 habitantes (case todos).
Remata o prazo para a presentación sobre o 30 de xuño.
Subvencionan aluguer de instalacións, gastos de transporte e material funxible.
A cuantía económica para tódolos concellos e pequena 275.000 € que se repartimos entre os case 250 que somos da un total por concello de uns 1.100 €.
Supoño que algún recibira mais e algún nada, pero e o que temos.
Por outro lado saíu unha axuda da consellería de educación e ordenación universitaria (DOG nº 112 do 11 de xuño) para solicitar axudas económicas para a apertura dos centros educativos fora do horario lectivo.
Esta si unha orden importante e que a moitos dos concellos do interior nos pode sacar de moitos problemas.
O prazo para esta solicitude remata no prazo dun mes dende a publicación.
Este si teriamos que solicitala todos para de unha vez normalizar o uso dunha instalación publica en horario non lectivo.
Cambiando de tema, tamén avisar de que o concello de Ourense no BOP nº 132 do 10 de xuño, saca as bases xerais para a selección de funcionarios interinos no concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes.
Son prazas por 6 meses, pero pode ser unha forma de entrar nun concello grande e poder traballar.
Comentarvos que a comisión de deporte municipal de Agaxede, esta empezando a recibir algún apoio e xente que se ofrece voluntaria para votar unha man, e que en pouco tempo esperan comezar a facer un traballo xa organizado por zonas e provincias.
E polo momento pouco mais.
Antes de deixar de escribir por hoxe, quero dar a gracias a todos os que vedes este blog que xa pasamos das 800 visitas (paréceme incrible), solo pedirvos outra vez que participedes, que deixedes algún comentario.
Déixovos unha pregunta parar que me digades.
¿Qué opinades da Festa do Deporte? Saíu ben, participou moita xente, tivestes axuda, etc.