Hoxe visitou o blog Alex, e animoume a visitar a paxina do Colef Galicia.
Ten moitos apartados de documentación, novas e tamén nos comentan cousas que se están facendo contra a reducción de horas de educación física.
E unha paxina interesante, votádelle unha ollada, todos teriamos que colaborar cas iniciativas que están tomando.
Por certo este fin de semana e a segunda xornada do curso da EGAP sobre xestión deportiva municipal. Contareivos que tal saíu.
Eu persoalmente se sae como a primeira doume por satisfeito.
viernes, 18 de abril de 2008
Visitade o Colef
A educación física na escola
Seguimos a voltas co problema das horas de educación física na escola.
E de pais pouco desenrolado quitar horas na única materia que ten como obxectivo primordial a saúde.
Como son dos que lles gusta pisar tódolos charcos, penso que temos que deixar de ser tan formais e facer algún tipo de mobilización a gran escala.
Sei que algúns dos responsables do deporte en Galicia, esta traballando moi duro para conseguir que esto cambie. E importante que se sintan apoiados. Que nos fagamos escoitar, facer algún modelo de cartel que podamos colocar nos polideportivos, nos concellos, nos ximnasios, nas piscinas, etc.
A Unión Europea dinos que teriamos que tender a facer mínimo tres horas cada semana e recortamos a unha (despois falamos de que temos que vivir como Galegos).
Cambiando de tema a Consellería de deportes saca unha paxina de axuda para a xestión de subvencións.
Cando tentei probala non funcionaba pero supoño que seria algún pequeno problema informático. Paréceme bo poder pedir as axudas na propia rede. Tamén ten un manual de axuda que este, si se pode baixar.
Podédelo atopar na propia páxina de deporte galego. E o logo que esta na dereita que di xestor de subvencións de actividades. ESAL 2008.

Se algún consigue probalo que nos diga que tal funciona.
jueves, 17 de abril de 2008
Primeiros auxilios
A Fundación Deporte Galego organiza cursos de primeiros auxilios na actividade deportiva.
Vai dirixidos a responsables de federacións, clubs, asociacións, etc. Supoño que deixaran entrar os membros das administracións.
Impárteo a federación galega de salvamento e socorrismo e será en xornadas de venres tarde e sábado todo o día, nun único fin de semana e ten 7 convocatorias nas cidades mais importantes.
Como sempre en cada convocatoria o numero e limitado a 20 alumnos.
Pódese ver mais información na paxina da fundacion deporte galego.

martes, 15 de abril de 2008
Praza de Tecnico en A Cañiza
No boletín oficial de Pontevedra Nº 71 con fecha do 14 de abril de 2008, sae publicada unha praza de técnico deportivo no concello da Cañiza, con carácter de contratado laboral FIXO.
As bases están no BOP de Pontevedra.
Por fin sae algunha de carácter fixo e non temporal.
¿Estará cambiando algo?
¿Empezarán os políticos a ser consecuentes cos empregados dos servicios de deportes?
¡¡Todos a presentarse!!
Os interesados teñen que apurarse, o anuncio e do día 14 e ten 20 días naturais para a presentación das instancias.
lunes, 14 de abril de 2008
COMENZO DO CURSO DA EGAP
Este fin de semana comezou o curso sobre “xestión deportiva no ámbito municipal” en Pontevedra.
Como en todo na vida, ten cousas boas e cousas malas.
No lado malo, comentar que das únicas 20 prazas que ten o curso, unicamente asistiron o curso 15 alumnos, e todo o tempo 13.
Unicamente un político e o resto, responsable deportivos, uns como técnicos e outros como xestores de cultura, ou membros de intervención de concellos.
Curso moi interesante e con varias cousas boas.
Vicente Romo, profesor do INEF de Pontevedra, deu unhas nocións claras e concretas, o mesmo tempo que uns casos prácticos de cómo facer un presuposto. Pero non para nos, para os responsables de intervención dos concellos. Para entender como ven eles os presupostos e como temos que amosarllos a eles.
Comezou un pouco espeso como profesor, pero pouco a pouco faise facendo ca clase, resultando un pouco curta o final.
Eduardo Blanco falou da ordenación xurídica do deporte e a estructura do sistema deportivo.
Pola súa parte Jose Garrote falou da política deportiva municipal, intentando, entre outras cousas, amosar que dependendo de que lado se estean facendo os traballos, vense diferentes (neste momento e concelleiro en Sada). Non pretende xustificar os políticos pero si mostrar as partes complicadas cas que teñen que pelexar algúns políticos, como son as situacións herdadas, etc.
Con este dous ponentes a única pega foi non ter tempo para poder realizar un pequeno debate e aproximar ideas.
O ultimo ponente foi Vicente Gambau. Falou de cómo crear e que buscar nun proxecto deportivo. A maiores de darlle un enfoque distinto o que se soe ter, en relación o que é un proxecto deportivo, falou de ferramentas de traballo modernas e de formas de traballos moi innovadoras. Pareceume no aspecto académico o mais salientable do curso.
Falta un fin de semana, estaremos atentos a súa conclusión para valoralo en conxunto.
Como comezo non estivo mal, comparado con outras experiencias moito peores.
Como en todo na vida, ten cousas boas e cousas malas.
No lado malo, comentar que das únicas 20 prazas que ten o curso, unicamente asistiron o curso 15 alumnos, e todo o tempo 13.
Unicamente un político e o resto, responsable deportivos, uns como técnicos e outros como xestores de cultura, ou membros de intervención de concellos.
Curso moi interesante e con varias cousas boas.
Vicente Romo, profesor do INEF de Pontevedra, deu unhas nocións claras e concretas, o mesmo tempo que uns casos prácticos de cómo facer un presuposto. Pero non para nos, para os responsables de intervención dos concellos. Para entender como ven eles os presupostos e como temos que amosarllos a eles.
Comezou un pouco espeso como profesor, pero pouco a pouco faise facendo ca clase, resultando un pouco curta o final.
Eduardo Blanco falou da ordenación xurídica do deporte e a estructura do sistema deportivo.
Pola súa parte Jose Garrote falou da política deportiva municipal, intentando, entre outras cousas, amosar que dependendo de que lado se estean facendo os traballos, vense diferentes (neste momento e concelleiro en Sada). Non pretende xustificar os políticos pero si mostrar as partes complicadas cas que teñen que pelexar algúns políticos, como son as situacións herdadas, etc.
Con este dous ponentes a única pega foi non ter tempo para poder realizar un pequeno debate e aproximar ideas.
O ultimo ponente foi Vicente Gambau. Falou de cómo crear e que buscar nun proxecto deportivo. A maiores de darlle un enfoque distinto o que se soe ter, en relación o que é un proxecto deportivo, falou de ferramentas de traballo modernas e de formas de traballos moi innovadoras. Pareceume no aspecto académico o mais salientable do curso.Falta un fin de semana, estaremos atentos a súa conclusión para valoralo en conxunto.
Como comezo non estivo mal, comparado con outras experiencias moito peores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)