Pido desculpas.
Decateime hoxe que o curso da Deputación de Ourense que comentei na entrada anterior, non depende de Angel Cid, depende do departamento de formación da Deputación.
Pido desculpas polo erro e reafírmome no dito sobre Angel Cid a pesares de que este non sexa creación súa.
Por outro lado vin o anuncio sobre “I Xornada de Ensinanzas e Titulacións Deportivas de Réxime Especial en Galicia” organizadas pola dirección xeral parar o deporte e a Consellería de Educación.
Paréceme ben que se organicen estas xornadas pero como sempre teñen un pero, unicamente son para xente das federacións e os propios que convoque a consellería de educación, o resto de técnicos non podemos saber como se organizan estas ensinanzas, quen as pode convocar, etc.
Paréceme unha pena xa que moitos de nos, cos temas das futuras habilitacións, e a nova lei (que se supón que sairá este ano) de titulacións deportivas, gustaríanos asistir e preguntar moitas cousas a algúns dos responsables que alí estarán.
Intentaremos saber como funcionan e se sería posible convocar a algúns dos que farán os relatorios para poder facerlles moitas preguntas.
viernes, 19 de septiembre de 2008
PERDON
martes, 16 de septiembre de 2008
NON PARA
A Deputación de Ourense con Angel Cid como primeiro espada de deportes, non para.
Hoxe sae publicado no BOP un curso sobre “Deporte e Medio Ambiente na Administración Local”.
O curso ten un pequeno defecto. Que unicamente e para os concellos e o persoal da provincia de Ourense.
Teremos xente que poña pegas polo interés dos cursos e clinics que fai (non eu, que me parecen do mellor), teremos xente que poda criticar algún aspecto, etc, pero o que e claro e que non temos ningunha institución publica que faga tal despregue de cursos.
E importante valorar o traballo de xente como Angel Cid, que fai un traballo que se ve e outro que non se ve.
O que esta todo o dia escondido nunca se equivoca, o que se amosa, equivocase, pero mostra claramente como pensa.
E importante para os que non temos postos de responsabilidade ou que non nos deixan aplicalos, ver como xente do mundo do deporte pelexa por ideas claras para potenciar o deporte, especialmente o deporte municipal.
Sen entrar a discutir se temos ou non a mesma idea.
Dende este pequeno blog a miña felicitación polo traballo que fai, e por ser un modelo e referente para algúns técnicos deportivos.

lunes, 15 de septiembre de 2008
SOMOS POUCOS
O pasado xoves 11, reuníronse en Monforte (Lugo) técnicos deportivos municipais.
Convocaron os técnicos das comarcas de Chantada, Monforte, Sarria, e A Ulloa.
Por desgraza solo apareceron 3 técnicos (1 de Monforte e 2 de Chantada) e un representante de una empresa de servizos.
Falouse persoalmente con todos (uns 12) e a resposta foi a que vedes.
O peor e que precisamente moitos dos que faltaron teñen contratos de 400 € a media xornada.
A xente segue sen concienciarse, e canto peores son as condicións menos intentan buscar solucións.
En fechas próximas intentara facerse outra en Ourense a que se espera que veñan mais técnicos, outra na mariña lucense e unha mais ampla non so para técnicos en Lugo capital.
Cando consiga mais información sobre elas, comentareino.
Cambiando de tema, xa mirei un pouco por encima as subvencións para infraestruturas e resulta paradoxico ver que mentres que temos subvecions dende 60.000 € , aparecen 4 especialmente relevantes as de 100.000 (Manzaneda), 130.500 (Carballo), 140.000 (Parado do Sil) e 360.000 (Maceda).
E mirando un pouquiño mais resulta mais raro aínda ver que Parada do Sil e do PSOE, e o resto do BNG.
Tres sobre catro e unha boa porcentaxe. Antes pasaba o mesmo pero todo o mundo dicía que non podía ser así.
Isto lévanos o de sempre, nin existe plan director de instalacións, nin as valoracións técnicas para subvencións valen para moito, etc, etc, etc.
Xa sei que son un pouco demagóxico, pero e que me aburre ver sempre o mesmo e das mesmas formas.
Aclaro que non teño nada en contra de que se lle de mais cartos a estes concellos, seguro que o necesitaban, unicamente protesto polas formas de dalos.
A pesar de que se mellorou, gustaríame que se miraran unicamente aspectos técnicos a hora de conceder subvencións e a verdade e que teño moitas dubidas.
De todos modos estou aberto a que me convenzan do contrario, sería moi positivo que me demostraran que estou equivocado, e sería o primeiro en escribilo para que a xente o soubera.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)