sábado, 12 de abril de 2008

Un blog para TODOS


Este blog non pretende ser un lugar onde se conten cousas sen mais.
Pretendemos que sexa unha plataforma de traballo para que cada un informe do que queira e como queira.
Estamos totalmente abertos a que cada un nos diga o que considere oportuno, e nos faremos o necesario para publicar o que nos pidades.

Sen axuda de todos non poderemos chegar a tódolos sitios que pretendemos.
Queremos ser o “Pepito Grillo” do deporte. Denunciar o que este mal e felicitar o que sexa bo para o deporte.
Esto inclúe todo o que sexa, competicións deportivas, clinics, campus, cursos, xornadas, etc, etc, etc, etc, etc, etc.
Axudádenos, a nos solos e imposible.

viernes, 11 de abril de 2008

Curso de Xestión deportiva municipal

A escola galega da administración publica (EGAP) impartira dende maña o primeiro curso de “xestión deportiva no ámbito municipal”. Serán dous, un deles en Pontevedra e outro en Coruña en maio.
E unha boa iniciativa pero ten un “pero” importante. Os cursos da EGAP teñen unhas normas moi concretas para participar. Teñen preferencia os cargos electos (políticos), despois funcionarios de carreira, seguidamente o persoal laboral fixo, e para rematar os laborais temporais. No 90% dos casos os técnicos deportivos de Galicia, son laborais temporais, e son xustamente os que menos posibilidades teñen de entrar no curso.
A pesar de todo, non todo vai ser queixarse. Creo que si que é unha boa iniciativa e que sería importante aumentar a oferta deste tipo de cursos.
Estarei atento a ver como funciona e comentarei algo a semana que ven.

jueves, 10 de abril de 2008

Temos que movernos

No mundo do deporte municipal seguimos como se fosemos illas solitarias nun océano con malas pulgas.
E importante que nos xuntemos, que nos fagamos oir.
Canto mais miro en internet páxinas oficiais de deporte municipal atopo cousas boas, como a páxima da femp ou a da federación de asociacións de xestores do deporte de España, e pola contra o aproximarme a comunidade empezo a notar a decadencia.
A páxina da Fegamp non ten case nada, a da fundación deporte galego ten os textos legais únicamente, etc.
Necesitamos algún sitio donde podamos ver convenios, contratos, etc.
Dademe ideas e empezarei a mandar e-mails a todalas institucións para pedir o que de verdade nos faga falla.

martes, 8 de abril de 2008

As axudas

Hoxe en día o mundo do deporte municipal, esta suxeito a moitas mais cousas que as meramente deportivas. Estamos suxeitos a cambios politicos, de moda, de inversión, etc.
Necesitamos estar o día de todo o que pasa en todolos organismos, deputacións, concellos, xunta, etc, e non únicamente nos apartados de deportes.
Comento esto porque hoxe na paxina de FEGAMP sae unha noticia na que nos anuncia un acordo con educación, o que se pode suscribir o concello que queira, para permitir a apertura dos centros educativos fora do horario lectivo e incluso os sabados e domingos de maña.
Esta e unha das grandes necesidades que temos no rural para a organización de actividades deportivas.
Actualmente tiña que ir dita peticion o consello escolar (que diría si ou non en función dos gustos de algún profesor) e posteriormente a educación que daría o visto bon ou non.
Por fin terminase todo isto e dende que se publique esta orde, e os concellos nos apuntemos a ela, ningun profesor poderá decir que non nos cede as instalacions, ou que non deixou o inspector, etc.
Como teño acceso a todas las paxinas oficiais, e por traballo teño que leer todolos boletíns da privincia e da xunta, intentarei publicar todalas noticias que salgan referentes o mundo do deporte, incluindo, ofertas de traballo, subvencións, convenios, etc.
E importante que os que lean este blog e teñan algun dato que non publico, intenten facermo chegar para facelo o antes posible.
Neste momento o único que podo indicar a maiores da noticia que vos din, e a subvención da Consellería de Cultura e Deportes do 11 de marzo de 2008 no DOGA Nº 50 para infraestructuras e adquisicion de equipamentos. Pero indicarvos que o prazo remata o dia 11 de Abril.
As próximas publicareinas como mais tempo.
Tamén no apartado de ligazóns poñerei as paxinas mais interesantes para conseguir información a nivel nacional, xa que a nivel galego polo momento non temos casi nada (que eu coñeza).