viernes, 25 de abril de 2008

Movilizacion polo Deporte na educación

O próximo día 28 existe outra concentración (a segunda) fronte o Consello Escolar de Galicia (Rúa de San Roque, Santiago de Compostela) as 16:30, o mesmo tempo que nas dúas facultades galegas as 12:00 do mesmo día.
Cantos mas asistan mellor, para apoiar as iniciativas e suplir os que non podemos ir.
Se non protestamos non se nos escoita, e se non se nos escoita non nos poden facer caso.
Se non empurramos pasará a educación física de ser media “María” a ser “María e media”. E importante para os futuros profesionais, para os actuais, pero sobre todo para os nosos rapaces que cada vez son mais sedentarios e cada vez teñen menos cultura do deporte.
Fai anos todos querían ser deportistas (futbolistas case todos) hoxe a maioría para o seu futuro so queren seguir saíndo os sábados e os xoves (que non se me enfaden os novos).

No hay comentarios: