Hoxe en día o mundo do deporte municipal, esta suxeito a moitas mais cousas que as meramente deportivas. Estamos suxeitos a cambios politicos, de moda, de inversión, etc.
Necesitamos estar o día de todo o que pasa en todolos organismos, deputacións, concellos, xunta, etc, e non únicamente nos apartados de deportes.
Comento esto porque hoxe na paxina de FEGAMP sae unha noticia na que nos anuncia un acordo con educación, o que se pode suscribir o concello que queira, para permitir a apertura dos centros educativos fora do horario lectivo e incluso os sabados e domingos de maña.
Esta e unha das grandes necesidades que temos no rural para a organización de actividades deportivas.
Actualmente tiña que ir dita peticion o consello escolar (que diría si ou non en función dos gustos de algún profesor) e posteriormente a educación que daría o visto bon ou non.
Por fin terminase todo isto e dende que se publique esta orde, e os concellos nos apuntemos a ela, ningun profesor poderá decir que non nos cede as instalacions, ou que non deixou o inspector, etc.
Como teño acceso a todas las paxinas oficiais, e por traballo teño que leer todolos boletíns da privincia e da xunta, intentarei publicar todalas noticias que salgan referentes o mundo do deporte, incluindo, ofertas de traballo, subvencións, convenios, etc.
E importante que os que lean este blog e teñan algun dato que non publico, intenten facermo chegar para facelo o antes posible.
Neste momento o único que podo indicar a maiores da noticia que vos din, e a subvención da Consellería de Cultura e Deportes do 11 de marzo de 2008 no DOGA Nº 50 para infraestructuras e adquisicion de equipamentos. Pero indicarvos que o prazo remata o dia 11 de Abril.
As próximas publicareinas como mais tempo.
Tamén no apartado de ligazóns poñerei as paxinas mais interesantes para conseguir información a nivel nacional, xa que a nivel galego polo momento non temos casi nada (que eu coñeza).
martes, 8 de abril de 2008
As axudas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario