viernes, 11 de abril de 2008

Curso de Xestión deportiva municipal

A escola galega da administración publica (EGAP) impartira dende maña o primeiro curso de “xestión deportiva no ámbito municipal”. Serán dous, un deles en Pontevedra e outro en Coruña en maio.
E unha boa iniciativa pero ten un “pero” importante. Os cursos da EGAP teñen unhas normas moi concretas para participar. Teñen preferencia os cargos electos (políticos), despois funcionarios de carreira, seguidamente o persoal laboral fixo, e para rematar os laborais temporais. No 90% dos casos os técnicos deportivos de Galicia, son laborais temporais, e son xustamente os que menos posibilidades teñen de entrar no curso.
A pesar de todo, non todo vai ser queixarse. Creo que si que é unha boa iniciativa e que sería importante aumentar a oferta deste tipo de cursos.
Estarei atento a ver como funciona e comentarei algo a semana que ven.

No hay comentarios: