Outra vez unha praza de coña.
O concello de A Laracha en A Coruña, saca unha praza de animador deportivo (festas, vodas e bautizos) cunha duración inmensa (ata o 30 de novembro de 2008), e con unhas retribucións económicas dignas dun político no poder (731 €), iso si, brutos non todo podían ser vantaxes.
E importante aclarar que nas obrigas para o posto de traballo esixen ter carné de conducir B1, o cal indica claramente que terá que usar o coche propio. Pero e de entender que con salarios tan descomunais ter que poñer o coche e o de menos.
Tamén avisar que a titulación de Técnico e a mínima, pero según as bases se algún ten dúas titulacións de técnico a segunda non poderá valorala no concurso de méritos ten que facer o calculo como se fose un curso normal, en función das horas.
A este tipo de prazas (recoñezo que e difícil), non se tería que presentar ninguén. Terían que estar perseguidas e denunciadas.
Os técnicos estamos mal valorados pero este tipo de situacións roldan o patético.
Sei que para os que están comezando e difícil, pero insisto, se non se presenta ninguén, teñen que volver a sacala con outro presuposto, ou perdela.
Por certo que non fixen cálculos pero cústame crer que o presuposto, en función da subvención da deputación, sexa tan baixo para o monitor.
De todos xeitos márcovos o BOP onde podedes ver a convocatoria (insisto nin miredes).
Cambiando de tema, hoxe sae publicada na paxina de deporte galego a resolución das subvencións para concellos e para entidades, para infraestruturas, en canto teña un ratiño lereina e comentarei o que poda ser interesante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario