miércoles, 10 de septiembre de 2008

AGAXEDE COMENZA O ANO


Agaxede comeza a tempada.
Chegaron e-mails os asociados anunciando que retomaban a actividade e invitando a todo o mundo a participar e colaborar.
Tamén estes días enviouse un e-mail os pertencentes a comisión permanente da directiva para reunirse o próximo dia 23 e preparar a reunión da xunta directiva para preparar unha xuntanza da asamblea.
Estamos todos comezando o ano pero e bo que todos busquemos unhas liñas comúns nas que fixarnos metas a conseguir.
Todos no mundo do deporte municipal queixámonos de moitas cousas pero en realidade buscamos poucas solucións para o conxunto, unicamente de forma particular.
E moi importante que todos marquemos metas realizables e que pelexemos por acadalas, de non facelo así seguiremos sendo as irmás feas do resto de departamentos municipais.
Tamén comentarvos que a mesma semana dende o dia 22 o dia 24 terá lugar o curso da deputación da Coruña para os técnicos deportivos municipais.
Moitos dos técnicos de dita provincia usan ditos cursos como escusa para xuntarse e falar das diferentes problemáticas.
Este ano como tódolos anteriores, estará David Mateo, o cal considero un gran orador, magoa que non este a favor de Agaxede.
A súa idea e que nunha asociación onde estamos os técnicos municipais, non poden estar as empresas, os políticos, etc.
Isto e un resumen moi esaxerado, pero a idea xeral e esta.
Supoño que nalgún momento sairá o tema de Agaxede e intentaremos convencelo da opción de participar para facer fronte común entre tódolos axentes do mundo do deporte, sen significar que en momentos puntuais os técnicos municipais non podamos cobrar vida propia e separarnos das liñas xerais, pero sempre despois de acadar uns mínimos para todos.

No hay comentarios: