viernes, 19 de septiembre de 2008

PERDON

Pido desculpas.
Decateime hoxe que o curso da Deputación de Ourense que comentei na entrada anterior, non depende de Angel Cid, depende do departamento de formación da Deputación.
Pido desculpas polo erro e reafírmome no dito sobre Angel Cid a pesares de que este non sexa creación súa.
Por outro lado vin o anuncio sobre “I Xornada de Ensinanzas e Titulacións Deportivas de Réxime Especial en Galicia” organizadas pola dirección xeral parar o deporte e a Consellería de Educación.
Paréceme ben que se organicen estas xornadas pero como sempre teñen un pero, unicamente son para xente das federacións e os propios que convoque a consellería de educación, o resto de técnicos non podemos saber como se organizan estas ensinanzas, quen as pode convocar, etc.
Paréceme unha pena xa que moitos de nos, cos temas das futuras habilitacións, e a nova lei (que se supón que sairá este ano) de titulacións deportivas, gustaríanos asistir e preguntar moitas cousas a algúns dos responsables que alí estarán.
Intentaremos saber como funcionan e se sería posible convocar a algúns dos que farán os relatorios para poder facerlles moitas preguntas.

No hay comentarios: