martes, 10 de junio de 2008

¿FESTA DO DEPORTE?





Primeira “Festa do Deporte”
Primeiro “Pluff do Deporte”
Sigo afirmando o mesmo que dicía, a idea paréceme moi boa. Especialmente porque de saír adiante en anos vindeiros, sería un día de referencia para todos nos, que se marcaríamos clausuras de escolas, días da bicicleta, día do deporte na rúa, etc.
Pero este ano a pesar das boas intencións dende a miña perspectiva, pasou o de sempre.
Unha idea dos políticos que os técnicos tivemos que organizar, estructurar, apechugar e pandar con ela.
Pensei que a repercusión mediática seria moi superior, pero na Voz de Galicia que fai de termómetro non fixo mais que unha pequena mención.
Non vin a repercusión mediatica que anunciaran dende a dirección xeral para o deporte.
Si me pareceu ben o tipo de material que enviaron a tódolos concellos. A maioría del e material de psicomotricidade que non se soe comprar e que e moi útil.
Algúns concellos xa tiñamos este tipo materiais pero considero que a maioría non polo cal paréceme correcto.
Nas camisetas pareceume pobre o debuxo e parecéronme poucas as que mandaron.
Se consideraban que seria tan grande a participación e dixeron que mandarían camisetas para tódolos participantes non se entenden casos como concellos (amigos) de 9.000 habitantes, solo recibiron 400 camisetas que supoñen menos do 5% da poboación.
De tódolos xeitos recoñezo que para ser o primeiro ano e un esforzo entregar todo esto e facelo en tempo.
Na organización o de sempre. Os técnicos a correr con todo sen persoal do concello que axude xa que e domingo, tiramos de amigos e clubs, etc.
No meu concello tivemos:
Pola maña (11:00-14:30)
2 campos de baloncesto 3x3, 2 de fútbol sala 3x3, 1 de bádminton, 1 de tenis, 1 de fut-tenis, 1 de cachivol, 1 rocodromo, 1 mesa de ping-pong, zonas de xogo con indiacas e malabares, zona de xogo tradicional con bolos, chave, petanca e porca.
Pola tarde (17:00-20:00)
9 mesas de xadrez, 2 de parchís, zonas de malabares (que por certo funcionaron moi ben), zoa de xogo tradicional con zancos, aros, ra, etc, e zoa de xoga para nenos.
Pola Noitiña (22:30-21:15)
Recorrido moi lento polas rúas no que participaron maioritariamente nenos e xente da 3ª idade.
Todo moi ben e bonito, pero sen persoal.
No noso caso o único que se involucrou de verdade foi o concelleiro, o cal xe e algo de agradecer. Disfrutou coma un enano, xogou a todo e todo o tempo.

No hay comentarios: