lunes, 15 de diciembre de 2008

REUNION DA DIRECTIVA DE AGAXEDE


Este sábado en Ferrol, no marco dunhas accións formativas, realizouse unha nova xuntanza da directiva de Agaxede.
Esta vez contou con algo mais de publico, pero seguimos a ser poucos.
Falamos de moitos temas de fora áxil (cerraban o local) e sacamos algunha conclusión.
Segue adiante o do arranxo da sede.
Segue adiante o do proxecto de asesoramento.
Segue adiante o plan de Formación.
Segue adiante o proxecto de facer o “Manual do concelleiro de deportes”.
Segue adiante (con bastante retraso) o da pax web.
Segue adiante a proposta de convenio ca Fegamp de creación da comisión de deportes.
Pero principalmente saíron dous temas.
Por un lado o II Congreso de Xestores deportivos, que se celebrará en Coruña sobre o 14 de febreiro, despois da inaguración que seria o 13. Neste congreso, pretenden centralo principalmente no deporte municipal e no asociacionismo.
E por outro lado Angel Cid (Xefe supremo dos deportes na deputación de Ourense) que presentou un proxecto de formación para técnicos deportivos municipais, centrado especialmente en concellos pequenos e medianos, escapando das grandes ideas de Córdoba, San Sebastián de los Reyes, etc.
Sobre este plan de formación o encargado da comisión de técnicos deportivos municipais, comprometeuse a facelos chegar o maior numero de técnicos para que cada un fixera a súa proposto ou orientara sobre posibles cambios.
Pouco mais, en canto me chegue o plan de formación de Ourense comentareivos o que considere importante.
Vémonos para a semana.

No hay comentarios: