Este luns pasado organizáronse dúas reunións en Santiago de interese para os técnicos deportivos municipais.
A primeira foi para a presentación da Festa do Deporte que se intenta organizar dende a Dirección Xeral para o Deporte.
Para a maioría dos técnicos parécenos unha moi boa idea pero unha moi mala fecha.
As cartas chegaron con unha semana de antelación a reunión, acudimos a reunión e danos unha fecha que e o 8 de Xuño.
A maioría dos técnicos opinan que queda moi pouco tempo e que xa esta todo montado, a 15 días da fecha malo se non tiveramos as actividades programadas para eses días, o cal implica ou non participar ou participar mal.
Opino que pode ser unha boa iniciativa pero esperemos que para o ano que ven dea mais tempo ou que a fecha sexa fixa para outros anos.
Tamén pasou que algún alcalde (dos mais veteranos) como o de Guntín, cando escoitou “daremos material” xa pensou que tería material gratis para todo o ano. Nada mais lonxe, e unicamente material simbólico e camisetas de publicidade institucional.
Outra cousa que non entendemos moito e que algo que pretenden facer nos concellos antes de comunicárnolo a nos dixéronllo as Federacións, que contestaron que aportarían persoal (puntual) e material (puntual). Podemos apostar se eses monitores e material se usaran en Coruña, Ferrol, Santiago, ou en Moeche, Serra de Outes, Boimorto, etc.
Sempre somos os últimos, incluso para o que facemos nos.
Recoñecer outra vez que a idea paréceme boa e que a presencia de políticos e técnicos foi ampla.
A outra reunión foi a da directiva de Agaxede que empeza a marcar liñas de traballo.
Repartiron funcións e crearon tres comisións, a Municipal, a de Formación e a de I+D+i para recompilación de documentación e investigación.
Tamén se marcou dentro da directiva unha comisión permanente para facela mais operativa.
Esta arrancando pero parece que ben e paso a paso.
En canto consiga a acta da sesión informarei de cómo resultou todo.
miércoles, 21 de mayo de 2008
Santiago, lugar de xuntanzas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario