sábado, 10 de mayo de 2008

¡¡¡¡¡ GAÑAMOS !!!!!


Gañamos.
A guerra das dúas horas, gañámola. ¿Ou será unha batalla nada mais?
Sexa como sexa seguiremos atentos.
Antes de nada mais pedir perdón polos días que faltei no blog, pero foron unhas fechas complicadas, a nivel persoal e profesional.
Pero xa estamos de volta e con gañas de guerra.
Para empezar dicirvos que a reunión de técnicos, non foi un absoluto éxito pero si funcionou ben. Xuntáronse varios técnicos e buscaron liñas de traballo centraron temas nos que empezar a traballar.
A primeira iniciativa e trasladar a directiva de Agaxede (que se reúne o día 19) unha posible liña de traballo no tocante os técnicos municipais.
Por outra parte buscamos unha forma de estructurar o traballo entre os técnicos para posteriores reunións.
A sensación e moi boa, agora falta comezar e que o resto de compañeiros se involucren no traballo, para todos tirar cara o mesmo fin.
Na seguinte entrada que faga poñerei as conclusións que se sacaron para que todos podan velas e opinar.

No hay comentarios: