jueves, 15 de mayo de 2008

As Deputacions existen!!!


A Deputación de Ourense, na súa liña de traballo, oferta outro curso de especialización deportiva.
Angel Cid, responsable de deportes da Deputación de Ourense, sigue formando profesionais do mundo do deporte, dando exemplo de saber facer.
Sen desprezar o traballo de outras provincias, creo que a de Ourense é a que máis oferta no aspecto de formación e axuda os técnicos municipais. A magoa e que precisamente en Ourense e onde menos técnicos deportivos municipais existen.
Tamén informarvos de que saíu a oferta de formación da Deputación de Coruña onde como tódolos anos saen unhas xornadas para técnicos deportivos municipais.
Se non me fallan os datos, chamase “Debilidades e fortalezas do sistema deportivo municipal”, impartirase en Coruña (como sempre) no mes de setembro (como sempre) dende o 22 o 24.
Os libros para as inscricións están chegando nestes días os concellos.
Eu persoalmente calificaría a Miguel Sánchez (Deputación da Coruña) con un aprobado alto, e a Angel Cid (Deputación de Ourense) con un notable alto, en Lugo están traballando pero polo momento non se pode ver nada co cal non podo calificalos, e de Pontevedra non teño datos.

No hay comentarios: